Migramar Proemprego: talento migrante para revitalizar el mar gallego
En la costa de Noia y Barbanza está tomando forma una respuesta innovadora a dos retos clave: la inclusión social de personas migrantes y la falta de relevo generacional en el sector pesquero.
El proyecto Migramar Proemprego, impulsado por MPDL Galicia y con la colaboración de la Fundación “la Caixa”, conecta ambas realidades con un enfoque práctico, humano y orientado a resultados.
La iniciativa, formulada como proyecto piloto, acompaña a 15 personas jóvenes de origen subsahariano residentes en la zona en un proceso integral que va mucho más allá de la formación: se trata de abrir puertas reales al empleo y a la plena participación en la sociedad gallega. El punto de partida no es cero, sino la experiencia previa en pesca que muchas de estas personas ya poseen, convertida aquí en valor estratégico.
Un proyecto en red: cuando lo local marca la diferencia
Migramar Proemprego no se entiende sin el territorio. El programa se construye desde la colaboración con el Equipo de Inclusión de Noia-Barbanza, los Ayuntamientos del Barbanza y las Cofradías y Cooperativas pesqueras de la zona. Esta alianza permite activar recursos, conocimiento y oportunidades alrededor de tres pilares: formación, regularización administrativa y acceso al empleo.
Itinerarios que se adaptan a las personas, no al revés
Lejos de modelos rígidos, el proyecto apuesta por itinerarios personalizados que combinan acompañamiento individual —clave en el ámbito jurídico y laboral— con aprendizajes grupales. La metodología es flexible, con evaluación continua y capacidad de adaptación en cada fase, garantizando que cada paso responda a la realidad de las personas participantes.
Aprender el idioma del oficio, entender el sector y entrar en él
El recorrido inclusivo está diseñado para eliminar barreras reales. Incluye asesoramiento jurídico para la regularización administrativa, formación en el lenguaje del mar, competencias digitales y capacitación específica para el sector marítimo-pesquero.
Uno de los elementos diferenciales de Migramar es la conexión directa con el tejido empresarial. La intermediación laboral no es una fase final, sino un proceso continuo que implica diálogo constante con las empresas, prospección activa e identificación de oportunidades reales, facilitando así la incorporación de las personas participantes a las tripulaciones.
Un laboratorio de futuro
Migramar Proemprego nace como una iniciativa experimental, pero con vocación de crecer. Su diseño permite medir impacto, detectar avances y evaluar su replicabilidad en otros territorios y sectores. Más que una iniciativa puntual, propone un modelo: integrar, formar y emplear desde el territorio y con el territorio.
Migramar Proemprego: talento migrante para revitalizar o mar galego
Na costa de Noia e Barbanza está a tomar forma unha resposta innovadora a dous retos clave: a inclusión social de persoas migrantes e a falta de relevo xeracional no sector pesqueiro. O proxecto Migramar Proemprego, impulsado por MPDL Galicia e coa colaboración da Fundación “la Caixa”, conecta ambas realidades cun enfoque práctico, humano e orientado a resultados.
A iniciativa, formulada como proxecto piloto, acompaña a 15 persoas novas de orixe subsahariana residentes na zona nun proceso integral que vai moito máis alá da formación: trátase de abrir portas reais ao emprego e á plena participación na sociedade galega. O punto de partida non é cero, senón a experiencia previa en pesca que moitas destas persoas xa posúen, convertida aquí en valor estratéxico.
Un proxecto en rede: cando o local marca a diferenza
Migramar Proemprego non se entende sen o territorio. O programa constrúese desde a colaboración co Equipo de Inclusión de Noia-Barbanza, os Concellos do Barbanza e as Confrarías e Cooperativas pesqueiras da zona. Esta alianza permite activar recursos, coñecemento e oportunidades arredor de tres piares: formación, regularización administrativa e acceso ao emprego.
Itinerarios que se adaptan ás persoas, non ao revés
Lonxe de modelos ríxidos, o proxecto aposta por itinerarios personalizados que combinan acompañamento individual —clave no ámbito xurídico e laboral— con aprendizaxes grupais. A metodoloxía é flexible, con avaliación continua e capacidade de adaptación en cada fase, garantindo que cada paso responda á realidade das persoas participantes.
Aprender o idioma do oficio, entender o sector e entrar nel
O percorrido inclusivo está deseñado para eliminar barreiras reais. Inclúe asesoramento xurídico para a regularización administrativa, formación na linguaxe do mar, competencias dixitais e capacitación específica para o sector marítimo-pesqueiro.
Un dos elementos diferenciais de Migramar é a conexión directa co tecido empresarial. A intermediación laboral non é unha fase final, senón un proceso continuo que implica diálogo constante coas empresas, prospección activa e identificación de oportunidades reais, facilitando así a incorporación das persoas participantes ás tripulacións.
Un laboratorio de futuro
Migramar Proemprego nace como unha iniciativa experimental, pero con vocación de crecer. O seu deseño permite medir impacto, detectar melloras e avaliar a súa replicabilidade noutros territorios e sectores. Máis que unha iniciativa puntual, propón un modelo: integrar, formar e empregar desde o territorio e co territorio.
